Inicio

O Defensor del Pueblo vela por que a Administración Pública actúe conforme o disposto na Constitución

  • Na oficina do Defensor del Pueblo estamos á túa disposición para protexelos teus dereitos e liberdades sexa cal sexa a túa idade, nacionalidade ou residencia. 
  • A sentenza do Tribunal Constitucional de 22 de maio de 2003, no recurso de inconstitucionalidade promovido polo Defensor del Pueblo contra a lei 1/1996 de 10 de xaneiro, de asistencia xurídica. gratuíta, recoñece este dereito a tódolos estranxeiros que se atopen en España con independencia da súa situación de legalidade ou ilegalidade.  
  • Tódala correspondencia que se nos dirixa dende calquera centro de internamento ou custodia das persoas non pode ser obxecto de censura de ningún tipo.
  • Temos competencia para presentar recursos de habeas corpus, inconstitucionalidade e amparo.  
  • De cada tres recomendacións do Defensor del Pueblo, dúas son aceptadas polas Administracións Públicas. 
  • A nosa institución contémplase na Constitución española de 1978 e levamos máis de vinte anos funcionando ao servizo do cidadán.
  • O Defensor del Pueblo pode iniciar investigacións de oficio.
  • A nosa páxina web está adaptada aos discapacitados.